¡Piensa en analógio!

Belo Horizonte / É O Que Hai

Esposa

8,99 IVA incluido

Sin existencias

No momento en que as cousas non poden ser como queremos, temos que facelas doutra maneira. En Esposa non sempre fomos de facer as cousas sen présas, e desta volta levamos unha chea de tempo para sacar oito cancións, das que tres xa saíran e catro nin sequera son nosas. Dun mes para outro, a metade de nós vivía a seiscentos quilómetros da outra metade, e agora segue sendo así. ‘É o que hai’ e ‘Belo Horizonte’ son o froito dese momento de pausa no que non podemos xuntarnos a facer cousas, pero tamén son cancións nas que estamos xuntas, unidas no noso barullo.

Facer música é unha mestura entre o son que imaxinamos e o descontrol que o mundo bota sobre el. É unha cousa bonita porque é fráxil e impredicible. A nosa vida tamén o é, e algunhas das cancións que escoitaredes falan diso: das distancias, dos cambios, de fallar, das formas de relacionarnos… De aceptar o que vén e de facer cousas para resistirnos a iso que vén. Do medo a que o descontrol do mundo nos arrastre a sitios nos que non queremos estar, ou nos convirta en persoas que non queremos ser. Todos estes cambios implican dor, pero cando algo desaparece xa non hai regras, non hai inercia e hai que celebrar que aínda estea todo por facer. ‘Belo Horizonte’ e ‘É o que hai’ teñen esa dor, pero tamén a ilusión de seguir imaxinando algo as catro e a alegría de reunirnos.

Extraído de: Esposa

 

Peso 0,065 kg
Año

2020

Artista

Discográfica

Estado del Arte

Mint

Estado del Soporte

Mint

Estilo

,

Formato

Cassette

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.

Categoría: Etiqueta:
Actualizando…
  • No hay productos en el carrito.